COMUNICADO DE PRENSA POLOS DESPIDOS NA CAMPAÑA GAS NATURAL FENOSA

Comité de Empresa Teleperformance A Coruña
Nota de prensa (03/05/2013)

Gas Natural Fenosa decidíu eliminar a atención o cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial dende o vindeiro 1 de Xuño de 2013, facendo desaparecer dita comercializadora, e trasladando os clientes da mesma a Gas Natural Servicios. 

Desexamos deixar constancia do feito que a Atención o Cliente de Unión Fenosa Comercial préstase dende Galicia a todo o territorio nacional, mentres que non é así no caso de Gas Natural Servicios. 

En Teleperformance A Coruña prestan servizos de Atención ó Cliente para Gas Natural Fenosa 311 persoas, adicadas a varios departamentos. No caso concreto de Unión Fenosa Comercial, 105 persoas están a preguntarse qué vai acontecer cos seus postos de traballo a partires do 1 de Xuño, e máis ante a falta de información que están a sufrires por parte da empresa Teleperformance. 

Compre sinalar que algunhas das persoas afectadas levan a traballar para iste cliente ata 21 anos; 21 anos dando un servizo excelente para cos clientes de Gas Natural Fenosa. 

A propia Teleperformance trasladóu ó persoal afectado que o Grupo Gas Natural Fenosa está altamente satisfeito co servizo que se presta dende A Coruña, e que amba-las dúas empresas tentarán de minimizar o impacto da decisión empresarial sobre do persoal; a día de hoxe aínda non está concretada ningunha medida que poida garantir os postos de traballo ou minimiza-lo impacto sobre deles. Ainda máis, tampouco se descarta que medidas coma esta se tomen no futuro para o resto de servizos que se lle prestan ó cliente.

Así a todo, dende iste Comité de Empresa desexaríamos que a valoración tan positiva que se fai do noso traballo viñera traducida na conservación dos nosos postos de traballo, e non só en alabanzas sobre do noso desempeño.

O 3 de maio o comité mantivo a última reunión coa empresa onde se nos trasladou a mesma información que en anteriores xuntanzas. Teleperformance segue sen aclarar medidas concretas deixando patente a súa desconsideración de cara ó persoal que teme polo seu posto de traballo. 

O Comité de Empresa convocóu asambleas de traballadores para dar conta da situación e acordou tamén por unanimidade o seguinte calendario de movilizacións no mes de maio na defensa dos máis de cen postos de traballo:

Martes 7 de maio concentración de delegados de 12:00 a 13:00 diante da sede de GNF na Coruña, no Macuf, na rotonda da Grela.

Martes 14 de 15:00 a 16:00 concentración de delegados diante do site de Teleperformance na calle Newton Nº 5.

Xoves 16 manifestación dende o centro de traballo na calle Newton Nº 5 pasando pola avenida de Finisterre ata a oficina de atención presencial de GNF na rua Fernando Macías, 4. Folga parcial de 12:00 a 14:00.

Martes 21 concentración de delegados de 12:00 a 13:00 diante da sede de GNF na Coruña, no Macuf, na rotonda da Grela.

Xoves 23 concentración de delegados diante do site de Teleperformance na calle Newton Nº 5.

As empresas punteiras e máis representativas de Galicia van desaparecendo ou deslocalizándose. Coa venta de Unión Fenosa vemos como os nosos recursos naturais xeneran beneficios e dividendos fora de Galicia sen deixar beneficio aquí; e agora nos toca presenciar como se levan tamén os postos de traballo das empresas colaboradoras que foron creados en paralelo o crecemento da antiga Unión Fenosa.

A empresa Iberphone SAU, co nome comercial de Teleperformance presta servizos de telemarqueting no seu centro de A Coruña a diversas empresas de telecomunicacións, electricidade, banca e seguros. Conta cun plantel de máis 700 traballadores en A Coruña.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: