Primeira sentenza condenatoria desde que CC OO exerce a acción popular nun caso de accidente laboral mortal

Con todo, o sindicato critica que, «nun caso extremadamente grave coma este» a pena imposta sexa «notablemente inferior» á imposta a tres sindicalistas do comercio pola súa participación nunha folga

24-7-2012.- Estes días coñeceuse a primeira sentenza condenatoria en Galicia desde que CC OO exerce a acción popular en casos de accidente laboral mortal. Catro responsables dun estaleiro de Moaña foron condenados a dous anos e nove meses de cárcere a causa das deficiencias en materia de seguridade que provocaron a morte dun operario por electrocución en 2006, cando intentaba mover unha soldadora eléctrica.

A sentenza declara probado que a vítima non levaba postas as luvas, que forman parte do equipamento de protección, e constata tamén as numorosas deficiencias na instalación eléctrica, xa advertidas anos antes en varias inspeccións, pero que foron ignoradas «con evidente desprezo para a vida e a integridade física de cantos desempeñaban o seu labor no centro de traballo».

CC OO saúda positivamente que as penas —dous anos e nove meses— implican ingreso en prisión, circunstancia que «non adoita ser habitual» e que, ademais, significa «un aviso para os malos empresarios».

Feito «extremadamente grave»
Con todo, o secretario xeral de CC OO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, critica que, «nun caso extremadamente grave coma este» —morte dun operario, pero risco para a vida e a integridade física do resto durante anos—, as penas resulten inferiores ás impostas polo mesmo xulgado hai poucas semanas a tres sindicalistas do comercio pola súa participación nunha folga do sector. Precisamente, hai poucas datas tivo lugar en Pontevedra unha masiva manifestación en solidariedade con estes sindicalistas, ao tempo que CC OO xa recorreu esa resolución xudicial por considerala «desproporcionada e inxusta».

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: