SANIDADE DESENVOLVE UN SISTEMA DE COMUNICACIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS PARA MELLORAR O COÑECEMENTO SOBRE ELAS E PREVIR A SÚA APARICIÓN

SANIDADE DESENVOLVE UN SISTEMA DE COMUNICACIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS PARA MELLORAR O COÑECEMENTO SOBRE ELAS E PREVIR A SÚA APARICIÓN

A Consellería de Sanidade está a desenvolver un sistema que permita comunicar dende os niveis asistenciais dos traballadores –principalmente desde Atención Primaria e os servizos de prevención de riscos laborais- as posibles sospeitas de enfermidades de orixe laboral. Isto permitirá coñecer estas patoloxías e tamén que o custe da asistencia sanitaria reverta nas entidades que teñan aseguradas as continxencias profesionais das empresas a que pertencen os traballadores; así como achegar beneficios aos
traballadores que vexan recoñecidas as súas posibles continxencias profesionais.

Esta iniciativa posibilitará mellorar o coñecemento das patoloxías laborais que afectan a poboación traballadora galega, para así previr na medida do posible a súa aparición; e determinar a causa profesional de enfermidades que causen incapacidade de calquera
tipo.

Así, no eido do Servizo Galego de Saúde os facultativos de atención primaria comunicarán as sospeitas de enfermidades profesionais á Inspección Sanitaria, que co apoio do Instituto Galego de Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) estudará a orixe laboral da patoloxía. En caso de confirmación, remitirao ás entidades que teñan cubertas as continxencias profesionais coa empresa do traballador (mutuas ou a propia empresa), co fin de que se fagan cargo da asistencia. Desde o ámbito de atención especializada, a comunicación farase por cruzamento das bases de datos existentes; e dende o ámbito dos servizos de prevención realizarase a través dunha plataforma en liña para recoller e avaliar estes datos.

A normativa en prevención de riscos laborais –en concreto, o artigo 5 do Real decreto 1299/2006- establece a obriga de comunicación de sospeita de enfermidades profesionais polos niveis asistenciais dos traballadores. A Mesa de Diálogo Social asinou en xullo de 2011 o Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais Galicia 2011- 2014, que incluía desenvolver un sistema para esta comunicación entre as súas liñas de actuación.

A Consellería de Sanidade estima que hai arredor de 4.200 enfermidades profesionais non declaradas ao ano, baseándose tanto no documento Impacto das enfermidades laborais en España editado polo Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS)en 2007 como no índice de declaracións de enfermidades profesionais de 2010 do Observatorio das continxencias profesionais da Seguridade Social do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, realizando unha comparativa con Navarra, que é a comunidade autónoma que máis declara por ter un sistema máis avanzado de notificación.

Indicarvos que dende CC.OO. se fixo unha importante labor para incluir neste sistema as seguintes enfermidades:

– SÍNDROME DEL TÚNEL CARPIANO
– NEOMOCONIOSIS
– SÍNDROME NÓDULOS EN CUERDAS VOCALES.

Como vedes, están as nosas dúas enfermidades profesionais do sector do contact center.

Un saudo,

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: