MANIFESTO XORNADA ACCIÓN EUROPEA – 29 DE FEBREIRO

A Confederación Europea de Sindicatos (CES) convoca para o 29 de febreiro unha Xornada de Acción, para que os traballadores e traballadoras da Unión Europea poidan expresar o seu rexeitamento ás políticas que as autoridades europeas están impoñendo e o seu apoio ás alternativas do movemento sindical para saír da crise.

Desde maio de 2010, as institucións da UE están a impoñer políticas de austeridade, axustes orzamentarios e recortes sociais e as chamadas reformas estruturais, especialmente nos mercados laborais. Estas políticas —cuxos obxectivos declarados eran gañar a confianza dos mercados para que os Estados puidesen financiarse con tipos de xuro baixos e reducir os niveis de déficit e débeda públicos nun curto prazo— resultaron un completo fracaso. A crise das débedas soberanas estendeuse e agudizouse. Hoxe, a prima de risco da débeda pública española é máis do dobre da que había en abril de 2010 e chegou a triplicarse nos peores momentos de inestabilidade financeira. Os obxectivos de redución dos déficits públicos tampouco non se poden cumprir malia os tremendos
recortes orzamentarios, ou precisamente por eles. Os danos colaterais destas políticas son dramáticos: pasouse da recuperación da economía a unha nova recesión en toda a UE, o paro aumentou, igual que a pobreza e a desigualdade. A crise xa é tamén social e política…

Todo o documento no link: http://www.box.com/s/5ylfya9rd5ou02yq3leo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: