CC OO recorrerá no Supremo a norma que impide a cotización das bolseiras e bolseiros universitarios en prácticas externas

O sindicato considera que o real decreto é contrario á Lei de reforma do sistema de pensións

22-12-2011 Comisións Obreiras (CC OO) recorrerá perante o Tribunal Supremo o Real Decreto 1707/2011 que aprobou o anterior Goberno español en funcións, que impide a cotización das bolseiras e bolseiros universitarios en prácticas externas. Para a organización sindical, a norma é contraria á Lei de reforma do sistema de pensións.

Debido a que durante o traspaso de poderes non se corrixiu a situación, que era o que CC OO reivindicaba, o sindicato presentou hoxe un recurso contencioso-administrativo contra a disposición adicional primeira do real decreto. Para Comisións, a exclusión que establece do dereito a cotizar para estes bolseiros debe considerarse «nula por infracción legal», e insta o novo Executivo de Mariano Rajoy a que dea unha «resposta satisfactoria».

CC OO lembra que o dereito a cotizar á seguridade social é un novo dereito recoñecido aos bolseiros universitarios e de formación profesional deriva do Acordo de Diálogo Social para a reforma de pensións que asinaron sindicatos, patronal e Goberno o pasado mes de xaneiro, regulado pola Lei 27/2011, do 2 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización da seguridade social. Desde o pasado mes de novembro, os bolseiros e bolseiras xa poden exercer este dereito, e en apenas un mes de vixencia xa son 41.135 os que cotizan grazas a este cambio normativo. Precisamente, en moitos casos son persoas universitarias que realizan prácticas externas, polo que poderían verse «gravemente afectadas» polo novo Real Decreto 1707/2011.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: