CC OO critica un novo paso da Consellaría de Sanidade no seu «afán privatizador e recadatorio

 

08-11-2011.- Hoxe martes, día 8 de novembro, publicouse o Decreto que establece as tarifas dos servizos sanitarios no SERGAS e nas fundacións sanitarias públicas. O texto recolle a posibilidade de establecer un procedemento —non descrito— para que os usuarios e usuarias paguen os gasto ocasionado se fan un uso ‘irresponsable’ das prestacións sanitarias.

 

A Consellaría ampárase no artigo 15 da Lei de saúde, que nos seus apartados 4, 5, 10 e 11 sinala:

 

Artigo 15º.-Deberes.

 

4. Usar axeitadamente os recursos, os servizos e as prestacións ofrecidas polo sistema sanitario.

 

5. Manter a debida observancia das normas establecidas en cada centro.

 

10. Cumprir as normas e os procedementos de uso e acceso aos dereitos que se lle outorguen a través desta lei.

 

11. Comunicarlle ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente.

 

Desde a Federación de Sanidade e Servizos Sanitarios de CC OO de Galicia critícase este novo paso da Consellaría, motivada por un «afán privatizador e recadatorio», chegando a ‘multar’ os usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde se, na súa opinión, fan un ‘mal uso’ dos servizos. «O que debe facer a Consellaría é mellorar os servizos e informar debidamente os usuarios e usuarias», sinala o sindicato ao tempo que se pregunta onde aparecen recollidos os supostos usos irresponsables.

 

«Se un usuario acode a urxencias sen ir antes ao seu médico de familia, terá que pagar? O usuario ao que lle cambien por quinta vez unha cita de traumatoloxía pola que agarda desde hai dous anos, se se lle esquece a cita ou non comunica que non pode ir, imporáselle unha multa con interese de demora? E se unha persoa maior acode moitas veces ao centro de saúde?», pregúntase a secretaria xeral da Federación de Sanidade de CC OO, Lola González.

 

A sindicalista propón unha medida na dirección contraria, isto é, que se lles impoña unha sanción aos responsables do SERGAS cada vez que decidan bloquear unha axenda de citas para non ter que contratar persoal —situación habitual na atención primaria— ou cando determinen suspender a actividade dos quirófanos —tanto a ordinaria como a extraordinaria de tarde— para aforrar, porque isto «si é facer un mal uso dos servizos sanitarios».

 

Desde CC OO critican a «política de deterioración progresiva dos servizos públicos» practicada polo PP desde que chegou á Xunta de Galicia, que no ámbito sanitario se traduciu en medidas como a de esixir 183 días de empadroamento para ter dereito áasistencia sanitaria, impor un custo de 10,5€ polo «anaco de plástico» que é a tarxeta sanitaria ou, agora, o pagamento polo ‘mal uso’ do sistema, entre outras actuacións.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: