AYUDAS ECONÓMICAS PARA LA PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO

CONCESIÓN DA AXUDA ECONÓMICA DE MEDIDAS DE PROTECCIÓ INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (Resolución do 6 de agosto de 2009, DOG nº 161, do martes 18 de agosto de 2009)  

 OBXECTO DA AXUDA

Axuda económica de pagamento único dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo na CCAA de Galicia acrediten insuficiencia de recursos e especiais dificultades para acceder a un emprego.

As situacións de violencia de xénero acreditaranse coa orde de protección a favor da vítima, tamén cun informe do Ministerio Fiscal en tanto non se dite a orde de protección e a sentenza que conteña as medidas de protección.

REQUISITOS DAS SOLICITANTES

 

– Ser muller, maior de idade ou emancipada.

– Ter medidas de protección vixentes.

– Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do Informe do Servizo Público de Emprego.

– Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extras (uns 499€).

Se a solicitante tivese responsabilidades familiares precisa que a renda mensual do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75% do SMI.

– Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

CONTÍA DA AXUDA

O importe da axuda será, con carácter xeral. Equivalente ao de seis meses de subsidio por desemprego.

O importe será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

– Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido.

– Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha

discapacidade igual ou superior ao 33%.

O importe da axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

– Cando a vítima tivese a cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos, ou un familiar e un menor acollido.

Secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

– Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.

A axuda será equivalente a vintecatro meses de subsidio por

desemprego nos seguintes casos:

– Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou

menores acollidos, ou un familiar e un menor acollido e unha

discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.

– Cando a vítima con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

As axudas poderán solicitarse ata o 31 de decembro de 2009, sempre que se atopen vixentes as medidas de protección. Presentaranse preferentemente nos rexistros da Xunta de Galicia, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das CCAA ou das Administracións locais, así como polos medios previstos pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

A solicitude dirixirase á directora do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e presentarase segundo o modelo do Anexo I xunto coa seguinte documentación:

– Copia compulsada do DNI da solicitante, no caso de estranxeiras NIE e permiso de traballo.

– Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero.

– Certificado actualizado (menores dun mes antes da solicitude) de empadroamento que incluirá a relación de todas as persoas residentes no domicilio.

– Copia compulsada do libro de familia ou documento que acredite a relación da solicitante cos familiares ao seu cargo ou menores acollidos.

– No caso de discapacidade da solicitante e/ou familiares, certificado expedido polo órgano competente.

– Declaración responsable de ingresos mensuais (Anexo II).

– Documento acreditativo da conta bancaria da que a solicitante é titular.

– Declaración do conxunto de axudas solicitadas, concedidas ou

percibidas para o mesmo fin, das distintas administracións (Anexo III).

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: